Adega

Paco & Lola é unha adega nova e moderna,
comprometida cunha forma de facer e de experimentar o viño diferente.
Somos coñecidos en todo o mundo pola nosa imaxe divertida e sofisticada, SOMOS O VIÑO DOS LUNARES.

A nosa imaxe distinguida e arriscada, as nosas ganas de saír do establecido e a creación dunha marca de recoñecemento mundial convertéronse nos tres piares da filosofía Paco & Lola. Estes piares están detrás de todo o que facemos, dende o deseño das botellas, envoltas nos seus característicos lunares, ata o proceso de elaboración dos nosos viños. Fieis a esta filosofía convertémonos nunha das adegas de maior recoñecemento da D.O. Rías Baixas.

A base na que se sustentan os nosos piares é facer viños excepcionais para persoas excepcionais.

Historia

Viñedo

A calidade é o motor impulsor detrás de todo o que facemos en Paco & Lola. Todos e cada un dos membros do noso equipo están comprometidos coa nosa rigurosa política de calidade interna. Non obstante, non nos limitamos a cumprir coas normas senón que imos máis alá delas.

Por iso, estamos certificados con BRC (British Retail Consortium) e IFS (International Food Standard) que garanten a calidade e a seguridade de todos os nosos produtos.

Estas certificacións obtéñense despois dunha revisión anual das nosas prácticas e unha auditoría anual de todo o noso proceso de produción dende a orixe das materias primas utilizadas para facer o propio produto final.

BRC e IFS son certificacións recoñecidas en todo o mundo polo que levar o seu selo de garantía é unha proba adicional de que os nosos produtos están á altura dos máis altos estándares da industria vinícola.

Ámbito

 

Gastronomía

A tradición culinaria do lugar é sen dúbida un incentivo de peso para perderse neste territorio máxico. Nas Rías Baixas, como en toda Galicia, a gastronomía caracterízase pola excelente calidade e a ampla variedade dos produtos cultivados e producidos localmente, en especial polo excelente marisco das rías galegas.

As tradicións sempre foron moi respectadas en Galicia, pero isto non significa que a nosa cociña non evolucionase. Ao contrario, precisamente polo noso respecto ao pasado e polo noso afán de innovar, a gastronomía galega adaptouse aos novos tempos. Isto mesmo acontece con Paco & Lola, que seguindo este equilibrio entre tradición e contemporaneidade, ofrece o viño perfecto para cada padal.