Enoturismo

¡Ven a coñecernos e descobre que é o que fai que os nosos viños sexan tan especiais!

Unha visita guiada en Paco & Lola é o plan perfecto tanto para principiantes coma para afeccionados ao mundo do viño. Non importa que sexa a primeira vez que vés a visitarnos ou se xa coñeces as nosas instalacións, xa que ofrecemos unha ampla variedade de experiencias fabulosas para que a túa estanza nun ámbito único como as Rías Baixas sexa máxica e inesquecible.

Actividades enoturísticas

Horario de visitas

Luns a venres. De 09:00 a 17:30h.

Sábados. Reserva previa para visitas

Reservas

É necesario reservar con antelación todas as visitas de grupos (20-60 persoas), todas as degustacións e catas e todas as visitas dos sábados.

Recoméndase reservar para todas as visitas que se realicen de luns a venres.

Para reservar, por favor contacte connosco no correo electrónico enoturismo@pacolola.com ou no teléfono 986.74.77.79.

Consulta dispoñibilidade e prezos

Para calquera consulta, poñemos á túa disposición o seguinte formulario:

* Declaro que lin e acepto o Aviso Legal e a Política de Privacidade

Tenda

Na nosa adega, poderás adquirir calquera dos nosos produtos acompañados dun packaging excepcional, ademais de diversos artigos de merchandising deseñados cos nosos característicos lunares.

 

P&L Express

Paco & Lola ofrece aos seus visitantes a posibilidade de enviar a súa compra de xeito totalmente gratuíto a calquera domicilio situado na Península Ibérica (agás Portugal).
Consulta condicións na nosa adega.

 

Horario de tenda

Luns a venres. De 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00.

 

Paco & Lola está adherido á RUTA DO VIÑO RÍAS BAIXAS, un grupo de establecementos do sector vitivinícola e turístico, así como comercios e entidades públicas, cuxo obxectivo é ofrecer aos turistas a posibilidade de gozar dunha experiencia turística única na súa visita á D.O. Rías Baixas.