Paco & Lola elexido Mellor Viño Branco de Galicia

 

Paco & Lola elexido Mellor Viño Branco de Galicia na XXIX Cata dos Viños de Galicia.

Sempre é un orgullo recibir premios, sobre todo cando son outorgados na propia terra e por xente da nosa terra. Dende a adega Paco & Lola queremos agradecer á Consellería do Medio Rural e aos Consellos Reguladores a labor que veñen realizando a través de tódalas edicións das Catas dos Viños de Galicia.

A dous meses de cumprir os 10 anos da inauguración das nosas instalacións recibir un premio como este non pode ser máis gratificante. Máxime se miramos máis alá do que este premio significa.

Primeiramente, agradecer ao xurado constituído por 12 expertos que en catas a cegas determinou honrarnos co premio ao Mellor Viño Branco de Galicia. Isto para nós é o que máis nos anima a continuar mellorando, pois sabemos da altísima calidade que reúnen os viños das cinco Denominación de Orixe presentados ao concurso.

En segundo lugar, este é un recoñecemento a máis de catrocentos pequenos viticultores que un día decidiron unir os seus esforzos en aras de obter algo que por un de nós sós non seríamos capaces de conseguir. Dende aquí animamos aos nosos viticultores a avanzar no camiño que un día decidimos tomar: a aposta pola calidade da materia prima. A base dun bo viño é unha uva en condiciones inmellorables.

Que dicir do o equipo de traballo? Que sempre está disposto a exceder as súas propias expectativas: o Departamento de Viticultura contribuíndo á sensibilización dos viticultores na aposta pola calidade; o Departamento de Enoloxía e Produción preservando os estándares de calidade no viño; o Departamento de Calidade que coordinando a todo o equipo foi quen de repetir neste ano 2017 ás máximas notas nas certificacións internacionais de Calidade: “AA” na certificación BRC (sendo Paco & Lola a única adega Galega con esa nota) e “Higher Level” na norma IFS; o Departamento Comercial e Marketing quen son capaces de levar os nosos viños a máis de 40 países para traer riqueza que repartir na nosa comarca e finalmente o Departamento de Administración que sen a súa labor calada e na sombra isto non sería posible.

Finalmente, non queremos esquecernos de quen fai que todo isto sexa posible, aqueles que son a nosa razón de existir e de continuar mellorando, aqueles que nos brindan o seu apoio día tras día, aqueles que esperamos que cando abran unha botella de Paco & Lola teñan nos ollos o mesmo brillo nos ollos que estes días nos vai acompañar á toda a familia de Paco & Lola.

Moitas gracias!

Consello Reitor da Cooperativa Vitivinícola Arousana

 

 

A XXIX Cata dos Viños de Galicia é Organizada pola Consellería do Medio Rural, coa colaboración dos Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe Ribeiro, Valdeorras, Rías Baixas, Monterrei e Ribeira Sacra, tivo lugar os días 13,14 e 15 de xuño, e consistía nunha fase inicial de precata e unha cata final. 

Paco & Lola  e Lagariza Finca Míllara da Ribeira Sacra, foron os escollidos como os mellores viño branco e tinto, respectivamente, da XXIX Cata dos Viños de Galicia. A entrega de premios tivo lugar en Cambados, que este ano é Capital Europea do Viño e nesta edición participaron 318 viños, 158 adegas e as 5 denominacións de orixe. 

 

 

 

 

 

 

11 Xullo 2017