iWine

Elaboración e colleita

100% albariño.

12,5% volume.

D.O. Rías Baixas.

Subzona: Val do Salnés.

Produción sostible.

Elaborado a partir de mosto flor procedente de uvas de viñedos seleccionados.

Os viñedos cultívanse en terreos franco-areentos, graníticos e lixeiramente ácidos.

Maceración pre-fermentativa con neve carbónica a 6 ºC durante 8 horas. Esta técnica permite extraer unha maior cantidade de substancias aromáticas contidas na pel da uva.

Finalizada a maceración, o mosto flor fermenta 16 ºC en aceiro inoxidable durante 3 semanas.

Anada 2014.

Maridaxe

Ideal con aperitivos, sushi, pasta, pescados, arroces, carnes brancas e mariscos.

Temperatura de servizo: 7 – 9 ºC

Cata

Fase Visual

Amarelo palloso con reberetes verdosos, brillante e limpo.

Fase Olfativa

Intensidade alta, tropical e balsámico con herbas aromáticas.

Fase Gustativa

En boca é fresco, con boa acidez e un punto lambeteiro. Balsámicos e cítricos na retronasal.

Cando abres unha botella de iWine saltan faíscas, flúen boas vibracións, electricidade… Anímaste?
Prepárache unha cata diferente e play the wine!

Outros Produtos

Outros Produtos