Paco & Lola 2012 Vintage

Elaboración e colleita

100 % Albariño – 12,5% volume.

Elaborado a partir do mosto flor de uvas procedentes dos nosos viñedos máis antigos.
Os viñedos cultívanse en terreos franco-arenosos, graníticos e ligeramente ácidos.
Fermentación controlada a 16 ºC durante 21 días.

Unha vez finalizada, realízase unha crianza sobre as súas lías finas, realizando un “bâtonnage” semanal durante 1 ano.

Finalizada a crianza, permanece en depósitos de aceiro inoxidable durante outros 4 anos, para finalmente ser estabilizado e embotellado.

Maridaxe

Ideal con peixes, arroces, carnes brancas e mariscos.

Temperatura de servizo: 8 – 9ºC0.

Cata

Fase Visual

Cor amarela con tonalidade verdosa intensa, e leves dourados.

Fase Olfativa

Intensidade media, con aromas a herbas aromáticas (loureiro, romeu), especiado (comiño) e infusión, (té, manzanilla). Con recordos a froita escarchada e un fondo elegante de lías.

Fase Gustativa

En boca é fresco, con boa acidez e un punto goloso. Untuoso, graso, con recordos a froita madura e tons tostados. Retrogusto mineral e salino.

Viño especial de alta gama elaborado nunha edición limitada da mellor colleita de 2012.
Elegante e persistente, cunha concepción moderna e vanguardista.