Paco & Lola

Viñedo

Elaborado a partir do mosto flor de uvas seleccionadas dos nosos mellores viñedos.

Os viñedos cultívanse en terreos franco-areentos, graníticos e lixeiramente ácidos.

Denominación de orixe: D.O. Rías Baixas.

Produción sostible.

Elaboración e colleita

100% albariño (13% alc.).

A fermentación lévase a cabo en depósitos de aceiro inoxidable a unha temperatura de 16ºC durante 21 días, manténdose sobre as súas finas lías ata a súa estabilización e embotellado.

 

Maridaxe

Ideal con aperitivos, sushi, pasta, pescados, arroces, carnes brancas e mariscos.

Temperatura de servizo: 8 – 10 ºC.

Cata

Fase Visual

Amarelo palloso con reberetes verdosos, brillante e límpido.

Fase Olfativa

De intensidade media-alta, cítricos (pomelo e lima) e flores brancas, acacia e azar, cun fondo tropical doce, lichis.

Fase Gustativa

Boca fresca, cítrica, intensa e froiteira. Elegante amargor final.

O albariño máis Chic, fresco e divertido das Rías Baixas que destila alegría pola vida e reparte sorrisos alá onde vai.