Concerto Dani Cornes
Volve a nosa maridaxe favorita: Música & Viño
|| Concerto Dani Cornes – 27 de setembro – Fundación Manolo Paz ||
Remata o verán, pero non as oportunidades de seguir gozando da nosa maridaxe favorita: música e viño.
O vindeiro domingo 27 de setembro volvemos á Fundación Manolo Paz Arte Contemporáneo para celebrar unha nova cita de Son & Sal, esta vez coa música de Dani Cornes.
Queremos compartir convosco unha tarde pensada para gozar sen présas, combinando viño, música, arte e paisaxe nunha contorna moi especial. As portas abrirán ás 18:30 h, para que poidades visitar a Fundación e percorrer o espazo dedicado á obra de Manolo Paz antes do inicio do concerto, previsto para as 19:00 h.
Todo o recadado coa venda de entradas será destinado ao Banco de Alimentos Rías Baixas, co que volvemos colaborar a través deste concerto benéfico. Ademais, o voluntariado do Banco de Alimentos Rías Baixas estará presente durante o evento cun stand no propio recinto para recoller todos aqueles alimentos non perecedoiros que os asistentes queiran achegar. Toda axuda é boa 🙂
En Paco & Lola entendemos o viño como unha forma de compartir, descubrir novos espazos, coñecer propostas diferentes e crear momentos que merecen ser lembrados. Por iso, Son & Sal segue sendo unha das citas que máis nos gusta celebrar.
E, como non podía ser doutro xeito, os viños de Paco & Lola tamén estarán presentes durante a tarde para que os asistentes poidan probalos. Entre eles, algunhas das nosas novidades, como Nº0, o noso Albariño sen alcohol, o novo viño iWine e algunha sorpresa máis!
Queremos seguir creando momentos para compartir arredor da música, do viño e das persoas. Así que xa o sabedes: o 27 de setembro temos unha nova cita na Fundación Manolo Paz.
Esperámosvos para brindar e gozar xuntos!
Domingo, 27 de setembro
Fundación Manolo Paz Arte Contemporáneo
Apertura de portas: 18:30 h
Concerto: 19:00 h
🎟️ Entrada: 15 €
💚 Concerto benéfico a favor do Banco de Alimentos Rías Baixas
Entradas dispoñibles:
https://pacolola.com/tienda-producto/concierto-dani-cornes/