iWine: o Albariño Rías Baixas de Paco & Lola para tomar con xeo
En Paco & Lola sabemos que o verán é sinónimo de plans improvisados, terrazas ao sol e momentos para gozar. Por iso lanzamos iWine, o noso albariño máis rompedor: o primeiro albariño Rías Baixas de Paco & Lola creado para servirse con xeo.
¿Que fai único ao iWine?
iWine é o viño do verán. Fresco, aromático, vibrante… e sobre todo, diferente. Elaborado 100% con uva albariño do Val do Salnés, este viño destaca polo seu singular proceso de vinificación, no que se incorpora xeo seco antes da maceración. Isto permite facer maceracións máis longas e extraer o máximo de aromas. O seu perfil fresco e con alta intensidade aromática fai del un Rías Baixas único, ideal para gozar con xeo.
O resultado? Un viño afroitado, floral e cheo de vida, cunha intensidade espectacular, perfecto para tomar ben frío.
Sabemos que moitos se preguntan: ¿Pódese botarlle xeo ao viño? Ao iWine, si. De feito, así o indica na súa etiqueta: “Drink on Ice”. Porque este albariño está pensado para servirse con xeo, sen perder nin un chisco da súa personalidade varietal.
A personalidade do iWine non está só na copa. A súa imaxe fala por si soa: un deseño contemporáneo e minimalista, 100% Paco & Lola, da man de Marta Lojo Wine Design Studio.
¿Con que maridar o iWine?
iWine é versátil á hora de servilo, pero tamén no prato. O seu perfil fresco, aromático e con notas de froita convérteo no viño perfecto para acompañar unha gran variedade de pratos. É ideal con aperitivos, ceviches, ensaladas con froitas, sushi ou queixos suaves.
iWine é espontáneo, sen regras e marida coa estación máis calurosa do ano: o verán.
¿Onde podes gozar de iWine?
Xa podes mercar iWine na nosa tenda en liña ou na tenda da adega. Tamén o atoparás nas barras dos locais máis atrevidos, que apostan por propostas diferentes e frescas como esta.
