Ideas para entreterse na cuarentena

Toca seguir na casa, é o momento de ser responsables. Debemos manternos lonxe para abrazarnos canto antes. É por iso que queremos compartir con vos ideas para o tempo do confinamento que nos queda.  

¿Este encerro fixo que xa vises todas as series da túa lista?

Nós recomendámosche unha especializada no mundo do viño: The Wine Van”.

The Wine Van é unha serie que quere achegar á xuventude o mundo do viño. Nas súas diferentes tempadas visitaron adegas de diferentes denominacións de orixe e na parada ás Rías Baixas, Paco & Lola foi a adega escollida. Os capítulos están rodados en inglés e podense ver en Amazon Prime. Se queredes ver o capítulo de Paco & Lola, atoparédelo na segunda tempada da serie. 

Deixámosvos o link do seu teaser para que vos fagades unha idea: 

 

¡É o momento da lectura!

Xa que o confinamento vai durar uns días máis, a nosa recomendación literaria non pode ser outra que o noso libro favorito: Follas Novas, o poemario publicado por Rosalía de Castro que da nome a un dos nosos albariños. Unha tarde de lectura acompañada dunha copa de albariño é unha moi boa combinación. 

En casa si. Pero con viño e música. 

Non existe mellor aliado para estos días que unha boa playlist. Fixemos para vos unha lista con todos os artistas que pasaron polas catro edicións do ciclo de concertos Son & Sa. ¡Toda vosa!

Realidad aumentada para “viaxar” en cuarentena.

En Turismo de Galicia han diseñado una nueva app para que desde tu sofá recorras alguno de los puntos de interés turístico. Además, desde su sitio web podrás disfrutar de experiencias virtuales 360º para conocer algunos de los monumentos gallegos más representativos.

Ideas para entretenerse en cuarentena - Paco & Lola