Hoxe imos falar da poda, da súa importancia e de como inflúe no desenvolvemento do viñedo e a calidade dos viños futuros.
Para alcanzar a excelencia na elaboración dos nosos viños, precísase unha boa materia prima, polo tanto as tarefas de tampo son fundamentais. Para obter unha uva de calidade é necesario facer un bo traballo previo no campo.

A poda é unha tarefa de campo que ten como obxetivo reducir a parte vexetativa da video co fin de controlar o seu tamaño e limitar o seu crecemento natural. Garantiza a larga vida produtiva, cantidade e a calidade da colleita.
A poda no cultivo da vide realízase todos os anos, sendo decembro, xaneiro e febreiro os mellores meses para realizala, xa que a vide atópase en parada vexetativa. O albariño previsa podas longas e apoiadas, para rebaixar a carga da cepa e así obter uvas máis concentradas e de mayor calidade.
Actualmente Paco&Lola está constituida por máis de 400 socios, sendo a cooperativa máis importnate por número de socios da D.O Rías Baixas. Para nós é moi importante destacat a formación activa que reciben os nosos socios cada ano, relacionada coas tarefas e traballos que se desenvolve no campo. Para elaborar un viño de calidade inflúen moitos procesos, todos son fundamentais e a formación é o principio de todos eles.
