Heritage 2019

Viñedo

Elaborado a partir do mosto flor de uvas procedentes de viñedos ubicados no Val do Salnés. Denominación de orixe: D.O. Rías Baixas. Subzona: Val do Salnés.

Elaboración e colleita

100 % Albariño - 13% volumen Fermentación controlada a 16 ºC durante 21 días. Unha vez finalizada, realízase a crianza en barricas de 500 litros con tostado ligero e de carballo europeo. Con este tipo de barricas buscamos un maior contacto cas lías na súa crianza e o aporte organoléptico que lle brinda a madeira ó viño.

Maridaxe

Temperatura de servizo: 8 – 10 ºC.

Cata

Fase Visual

Cor amarela pala con destellos dourados, limpa e brillante.

Fase Olfativa

En nariz, é complexo e elegante, combinando aromas de froitas maduras: mazá, ameixa e casca de limón coas notas florais de acacia e sabugueiro. No fondo aparecen herbas aromáticas como o loureiro e a manzanilla, sutís toques de especias doces e notas de améndoa. No fondo, o carácter mineral e salino cun suave matiz afumado danlle gran profundidade e elegancia.

Fase Gustativa

En boca é amplo e intenso, con volume e frescura en perfecto equilibrio, o paso medio é moi expresivo con certa estrutura, boa carga de froitas, notas especiadas e salgadas e un final longo e persistente.

O legado dos viñedos do Val do Salnés feito albariño: Heritage, froito de conxugar a esencia de sempre coa complexidade aromática que proporciona a crianza en barrica

Paco & Lola
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.