Prime

Viñedo

Elaborado a partir de mosto flor procedente de uvas de viñedos seleccionados. Os viñedos cultívanse en terreos franco-areentos, graníticos e lixeiramente ácidos. Produción sostible. Denominación de orixe: D.O. Rías Baixas.

Elaboración e colleita

100% Albariño (13% alc.). Maceración pre-fermentativa con neve carbónica a 6ºC durante 8 horas. Esta técnica permite extraer unha maior cantidade de substancias aromáticas contidas na pel da uva. Finalizada a maceración, o mosto flor fermenta 16ºC en aceiro inoxidable durante 3 semanas.

Maridaxe

Ideal con aperitivos, sushi, pasta, pescados, arroces, carnes brancas e mariscos. Temperatura de servizo: 7 - 9ºC

Cata

Fase Visual

Amarelo palloso con reberetes verdosos, brillante e limpo.

Fase Olfativa

Intensidade alta, tropical e balsámico con herbas aromáticas.

Fase Gustativa

En boca é fresco, con boa acidez e un punto lambeteiro. Balsámicos e cítricos na retronasal.

Tradición e innovación dan forma a cada botella de Paco & Lola Prime.

Paco & Lola
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.