VITECGAL – Desenvolvemento dun contorno tecnolóxico avanzado para a xestión e a trazabilidade do viño galego

Este proxecto recibe financiamento da Axencia Galega de Innovación e conta co financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa de Galicia Feder 2021-2027.

Descrición do proxecto: VITECGAL é un proxecto colaborativo de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i) impulsado pola Cooperativa Vitivinícola Arousana S. Coop. Galega (Paco & Lola), Alia Technologies, S.L. e Inelsa Electricidad, S.L., orientado ao desenvolvemento de novas solucións que contribúan á transformación dixital do sector vitivinícola galego. O proxecto aborda de forma integral a cadea de valor do viño, desde o viñedo ata a adega, co obxectivo de mellorar a xestión da información, optimizar os procesos produtivos, reforzar a trazabilidade e facilitar unha toma de decisións máis eficiente baseada no coñecemento xerado durante o desenvolvemento do proxecto. Ao longo da súa execución desenvolveranse e validaranse diferentes solucións innovadoras en contornos reais de traballo, promovendo a transferencia de coñecemento e contribuíndo á competitividade, sustentabilidade e modernización do sector.

Obxectivos: Os principais obxectivos de VITECGAL son mellorar a monitorización e o coñecemento do estado do viñedo, optimizar a planificación e execución da vendima, reforzar a trazabilidade integral do produto ao longo de toda a cadea de valor, incrementar a eficiencia dos procesos produtivos da adega, favorecer unha toma de decisións máis fundamentada mediante o tratamento e análise da información dispoñible e impulsar a incorporación de novas solucións innovadoras que contribúan á competitividade e sustentabilidade do sector vitivinícola galego.

Resultados: O proxecto atópase actualmente en fase de execución. A medida que avance o seu desenvolvemento, esta sección actualizarase cos principais fitos acadados, os avances técnicos realizados e os resultados obtidos, así como coas actividades de difusión e transferencia desenvolvidas polo consorcio. O obxectivo é facilitar o acceso á información relevante do proxecto e dar a coñecer os beneficios xerados para o sector vitivinícola galego.

Entidades participantes

Paco & Lola
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.