Descripción
Máis información / lista de reserva: enoturismo@pacolola.com
Concerto Dani Cornes
Volve a nosa maridaxe favorita: Música & Viño
|| Concerto Dani Cornes – 27 de setembro – Fundación Manolo Paz ||
Horario de apertura de portas: 18:30h
Inicio do concerto: 19:00h
O domingo 27 de setembro tedes unha cita na Fundación Manolo Paz con Paco & Lola. Dani Cornes será o encargado de poñer a banda sonora a esta xornada tan especial, na que todo o recadado coa venda de entradas será doado ao Banco de Alimentos Rías Baixas.
Todos os asistentes poderán gozar dunha tarde de música e viño nunha contorna única, rodeados da beleza artística e paisaxística da Fundación Manolo Paz Arte Contemporánea.
Horarios
A apertura de portas será ás 18:30h. Durante este tempo, os asistentes poderán visitar a Fundación Manolo Paz Arte Contemporánea e percorrer o espazo dedicado á exposición da obra do artista. O concerto comezará ás 19:00h.
O evento contará con control de acceso. Non se permitirá o acceso ao recinto a partir das 19:00h, unha vez iniciado o concerto, para evitar interrupcións durante o espectáculo.
Información importante en caso de chuvia
No caso de que as condicións meteorolóxicas non permitan celebrar o concerto na Fundación Manolo Paz Arte Contemporáneo, o evento trasladarase ao Auditorio da Xuventude de Cambados, situado no centro de Cambados.
Calquera cambio de localización será comunicado ás persoas asistentes a través do correo electrónico e do número de teléfono indicados durante a compra das entradas.
A nosa intención é manter a celebración do concerto na Fundación Manolo Paz sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.
ℹ️ Máis información: enoturismo@pacolola.com
CONDICIÓNS XERAIS
- A asistencia ao evento implica a aceptación destas condicións e o respecto das indicacións do persoal de organización e seguridade. A organización poderá denegar o acceso ou solicitar a saída do recinto en caso de incumprimento ou de condutas que alteren o normal desenvolvemento do evento.
- As entradas non admiten cambios nin devolucións, salvo nos casos de aprazamento ou cancelación contemplados nestas condicións.
- A organización resérvase o dereito a modificar o programa, aprazar ou cancelar o evento por motivos de seguridade, condicións climatolóxicas adversas ou causas de forza maior. En caso de aprazamento, as entradas serán válidas para a nova data. En caso de cancelación definitiva, devolverase o importe das entradas.
- Non se permitirá o acceso ao recinto a partir das 19:00h, unha vez iniciado o concerto.
- Durante o evento poderán realizarse fotografías e gravacións con fins informativos e promocionais. Os asistentes poderán aparecer de forma accesoria como parte do público.
- Os menores deberán asistir acompañados polo seu pai, nai ou titor legal durante todo o evento. Os menores de 12 anos accederán de balde acompañados dun adulto con entrada.
- Non se permitirá o acceso con comida ou bebidas do exterior, salvo aquelas necesarias por motivos de saúde, alerxias ou intolerancias alimentarias.
|| Concerto Dani Cornes – 27 de setembro – Fundación Manolo Paz ||





