Descripción
100 % Albariño – 12,5% volumen.
D.O. Rías Baixas – Subzona: Val do Salnés.
Elaborado a partir do mosto flor de uvas procedentes dos nosos viñedos máis antigos.
Os viñedos cultívanse en terrenos franco-areosos, graníticos e lixeiramente ácidos.
Fermentación controlada a 16ºC durante 21 días.
Unha vez finalizada, elimínanse as lías e realizase unha crianza sobre as lías finas, realizando un“bâtonnage” semanal durante 1 ano.
Finalizada a crianza, permanece en depósitos de aceiro inoxidable durante outros 4 anos, para finalmente ser estabilizado e embotellado.
Temperatura de servizo: 8-10º C.