Nº12 by Paco & Lola

Viñedo

Elaborado a partir do mosto flor de uvas seleccionadas dos nosos mellores viñedos.

Os viñedos cultívanse en terreos franco-areentos, graníticos e lixeiramente ácidos.

Produción sostible.

Denominación de orixe: D.O. Rías Baixas.

Elaboración e colleita

100% Albariño (12% alc.).

Fermentación en depósitos de aceiro inoxidable a 16ºC durante 12 días parando a fermentación con frío.

Maridaxe

Ideal con aperitivos, sushi, pasta, pescados, arroces e mariscos.

Temperatura de servizo: 8 – 10ºC.

Cata

Fase Visual

Cor amarelo palloso con tonalidades verdosas, limpo e brillante.

Fase Olfativa

Intensidade media-alta, herbas aromáticas, balsámicos, cítricos, pomelo, limón, tropical, piña, lichis e flores brancas.

Fase Gustativa

Fresco, goloso, moi frutal, equilibrado e persistente.

12 foron os días que fermentou o mosto no despósito número 12, en aceiro inoxidable a baixa temperatura. Parouse a fermentación con frío obtendo como resultado un viño de alta intensidade aromática, fino carbónico natural e boca golosa.